A cociña galega suma quince estrelas Michelin
Publicado o 15/12/2020 21:35
A alta cociña galega está de celebración polo seu éxito na última edición da Guía Michelin. Once restaurantes galegos conservan as estrelas que xa tiñan, tres logran unha por primeira vez, e hai un que fai historia. É o Culler de Pau do Grove, o primeiro de Galicia que acada dúas destas distincións.