CRTVG

Buscar

A clase política dáballe o seu último adeus a Pérez Rubalcaba

Publicado o 11/05/2019 15:00

Emocionado último adeus do Partido Socialista e de toda a clase política a Pérez Rubalcaba.

No Salón dos Pasos Perdidos, sentados xunto a Pedro Sánchez, os ministros en funcións do goberno socialista... e a Presidenta do Congreso Ana Pastor.

Durante toda a mañá os líderes territoriais tamén visitaban a capela ardente... especialmente emocionados estaban a ex-presidente andaluza, Susana Díaz..., o líder dos socialistas valencianos Ximo Puig, que se fundía nun abrazo con Pedro Sánchez, así como o primeiro secretario do PSC, Miquel Iceta...

O primeiro ministro portugués, António Costa, chegaba ao Congreso dos Deputados pouco antes da unha do mediodía para darlle o pésame a familia e achegados.

Alí era recibido polos mandos policiais da Cámara, altos cargos da institución e unha representación encabezada polo Presidente do Goberno en funcións e a presidenta do Congreso.

Costa expresou a súa "admiración" e a "gratitude" ao que fora ministro do Interior e vicepresidente do Goberno e fimarba no libro de condolencias.

Tamén podiamos ver esta mañá na capela ardente a políticos do PP, coma Juan Ignacio Zoido...

Onte á última hora da tarde acudía o líder dos populares Pablo Casado, quen destacaba o "sentido de Estado" de Pérez Rubalcaba

Esta mañá facíao o líder de Ciudadanos, Albert Rivera... Acudía á Capela Ardente, para darlle o pésame á familia. Nunha breve declaración Rivera ensalzou a figura dun "brillante parlamentario"

Tamén puidemos ver no Salón dos Pasos Perdidos á número dous de Podemos, Irene Montero.

 

Noticias web

11/05/2019