A cinza do volcán impide operar os voos no aeroporto da Palma
Publicado o 25/09/2021 20:14
A cinza que cobre as pistas do aeroporto da Palma dificulta a visión e impide a engalaxe e aterraxe dos avións. Esta situación deixa en terra algunhas persoas que acoden en busca de alternativas para deixar a illa afectada polo volcán.
Aena ten previsto limpar as pistas da terminal da Palma en canto sexa posible. Os voos con orixe e destino na illa retomaranse unha vez melloren as condicións e as compañías poidan operar con seguridade.
Polo momento, o resto de aeroportos canarios están operativos.