CRTVG

Buscar

A cineasta portuguesa Rita Acevedo, premio Cineuropa 2019

Publicado o 16/11/2019 21:37


"Quer saber a minha historia?" Quixemos sabela, a historia que se agochaba detrás d'A Vinganza dunha muller, a historia d'A Portuguesa, ou a que contou a través das Correspondencias.

"Mantéñome naquilo que eu penso que é o meu traballo de busca, pesquisa de experimentación e é por aí que me interesa continuar. É difícil porque son normalmente proxectos un pouco atípicos, con carácter diferente." Di a premiada Rita Azevedo.

Unhas diferenzas que nos últimos anos engaiolaron os espectadores deste lado da Raia e que a recoñecen como unha das grandes directoras actuais. O premio desta tarde é a toda unha traxectoria que tardou en arrincar, cunha demora de máis de 10 anos entre o seu primeiro filme e o seguinte.

É un premio sorprendente, inesperado e moi agradable. E é o sobre todo ten ese lado beneficioso de alentar proxectos futuros, porque é un período longo desde que comecei, nos anos 90. Non foi un percurso regular e fácil." Di Rita Azevedo

Cineuropa proxectou esta tarde o seu último documental: Danzas macabras, esqueletes e outras fantasías.
 

Noticias web

16/11/2019