A CIG volve saír á rúa en protesta contra a reforma das pensións
Publicado o 14/07/2021 14:00
Seis cidades galegas acollen actos de protesta contra a reforma das pensións pactada polo Goberno central e os principais axentes sociais.
Na Coruña, os manifestantes, convocados pola CIG, concentráronse diante da Delegación do Goberno. Este sindicato fala de graves recortes, con pensións máis cativas e coa obriga de alongar a vida laboral.
O pacto, aseguran, pon en risco o futuro do sistema público. Máis aínda, din, no caso de Galicia, onde con 837 euros de media atopamos as pensións máis baixas de España.