CRTVG

Buscar

A CIG maniféstase para reclamar pensións dignas

Publicado o 07/10/2021 20:33
A CIG maniféstase para reclamar pensións dignas

Pensionistas e xubilados da CIG concentráronse nas cidades galegas para reclamar pensións dignas. O sindicato alerta das consecuencias da reforma que prepara o Goberno, porque cren que suporá novos recortes nas prestacións.

A CIG tamén acusa o executivo de querer condenar moitos traballadores a prolongar a súa vida laboral. Defende a xubilación aos 65 anos e pide a equiparación por lei da pensión mínima ao salario mínimo interprofesional.

Noticias web

07/10/2021