CRTVG

Buscar

Sen falecidos na xornada coa cifra de ingresados por covid−19 máis baixa desde agosto

Publicado o 27/05/2021 20:26

• Só soben os casos activos lixeiramente nas áreas de Lugo e Santiago

• Non se vían tan poucos casos dende hai un mes e medio

Sen falecidos na xornada coa cifra de ingresados por covid−19 máis baixa desde agosto

Mellora a situación epidemiolóxica galega por quinta xornada consecutiva. Hai 2.420 persoas con covid−19, 78 menos ca onte, tras 130 novos positivos.

Por áreas sanitarias, a repartición é a seguinte:

A Coruña: 461(-22)

Vigo: 722 (-38)

Ourense: 191 (-6)

Santiago: 439 (+2)

Lugo: 222 (+2)

Pontevedra: 310 (-8)

Ferrol: 75 (-9)

Gran mellora da presión hospitalaria

No que respecta á situación nos hospitais, hai 124 persoas ingresadas: 96 en planta (-11) e 28 nas UCI (-3). Son cifras que non se vían dende agosto do ano pasado.

O Sergas notificou onte dous falecementos por mor da covid−19, que elevan a cifra de vítimas no que vai de pandemia a 2.415. Esta cifra mantense debido a que este xoves o Sergas non notificou ningún falecemento por mor do virus.

Positividade por debaixo do 3 %

Das 5.671 probas PCR realizadas (-547), 126 deron positivo, o cal implica unha taxa de positividade do 2,22 %.

Mapas de incidencia acumulada