CRTVG

Buscar

A cifra de falecidos con coronavirus en España baixa a 102 persoas

Publicado o 16/05/2020 20:54

A cifra de falecidos con coronavirus en España en 24 horas baixou a 102 persoas. Son 36 menos que o día anterior.

Ademais, caeron as hospitalizacións, 258, e os ingresos en UCI, 10. Onte foran 29.

O incremento nos contaxios tamén diminuíu lixeiramente, aínda que se están facendo máis probas na procura dunha detección precoz.

Fernando Simón subliñou que aínda que hai que ser prudentes o aumento dos cribados non revelou focos novos.

Preguntáronlle polas protestas de Madrid e as previstas en Cataluña e pola celebración de eleccións en Galicia e Euskadi. Simón dixo que non son asuntos que lle competan pero que para os comicios habería que establecer mecanismos de seguridade e no caso das manifestacións, gardar distancias, máis, tendo en conta a situación nas dúas capitais.

Simón considerou sorprendente e difícil de entender que haxa quen inclúa no seu currículo que é inmune porque pasou a enfermidade, como lle comentaron desde un medio que xa está sucedendo.


 

Noticias web

16/05/2020