A cidade do Porto abre o seu miradoiro de 360 graos
Publicado o 20/05/2021 17:14
Portugal recupera a actividade turística e con ela retómanse proxectos que estaban pendentes de abrir. É o caso de Porto 360, un novo miradoiro habilitado no pavillón Rosa Mota, situado nos xardíns do Palacio de Cristal.
Chama a atención que se sobe por fóra da cúpula, de xeito seguro, e ao chegar arriba pódese contemplar unha panorámica da urbe, da súa contorna e tamén da costa. Son unhas vistas a 30 metros de altura que garanten unha ollada ao Porto de 360 graos.
Durante o percorrido, ademais de gozar das vistas, ofrécese outra mirada: a historia dos xardíns do Palacio de Cristal dende mediadios do xéculo XIX. Este novo atractivo, cun prezo de doce euros e medio, está a pouco máis dunha hora en coche da fronteira galega.