CRTVG

Buscar

A cidade de Ourense reduciu en máis dun 40 por cento os casos desde o 23 de xullo

Publicado o 04/08/2021 15:20

Hai máis de dez días que a cidade de Ourense comezou a dobregar a curva. Dende aquela o número de contaxios non deixa de descender, baixando nas últimas horas ata os 715 casos activos, preto dun 44 por cento menos que cando se acadou o pico desta quinta onda e de toda a pandemia, o 23 de xullo.

Baixan os casos na cidade pero en xeral en toda a área sanitaria segue a mellorar a situación. De ser a de maior incidencia, pasou a ser a segunda de Galicia con mellores datos. Aínda que baixan os contaxios, o número de hospitalizados medrou nas últimas horas ata os 44 ingresados, 5 na UCI. Por iso mantense o nivel de restricións en toda a área sanitaria agás no Barco que estaba en nivel máximo é baixa a un chanzo.

Noticias web

04/08/2021