CRTVG

Buscar

A cidade de Nova York pagará 100 dólares por vacinarse

Publicado o 29/07/2021 16:32

O Concello de Nova York puxo en marcha un novo plan de incentivos para chamar os cidadáns a vacinarse contra a covid-19. E desta volta van regalar cartos por recibir a vacina. Anunciou un último esforzo para convencer as persoas que aínda son remisas a poñer a vacina: un estímulo financeiro, 100 dólares pola primeira dose.

A cidade dos Estados Unidos xa ofreceu incentivos no pasado, como entradas para a ópera ou para ver un partido de béisbol, pero a variante delta eleva os contaxios e chegou a hora do diñeiro contante e soante. E pode ser o último premio que se reparta, pois o alcalde neoiorquino, Bill de Blasio, anunciou que partir do 13 de setembro todos os empregados públicos deberán de estar vacinados ou facer unha PCR semanal. As autoridades dos estados demócratas comezan a perder a paciencia cos escépticos da vacina.

Noticias web

29/07/2021