CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña supera este domingo os 700 casos activos por coronavirus

Publicado o 10/01/2021 16:07

Na área sanitaria da Coruña, as probas PCR confirmaron 177 positivos nas últimas 24 horas. Hai máis de 1.800 pacientes con infección activa, a cifra máis elevada de toda Galicia. O 40% dos casos están na cidade da Coruña.

É a cidade galega con máis casos, 733, 45 máis ca onte. Tamén aumentan os positivos en Arteixo, Culleredo e Cambre, agrupados canda A Coruña nunha mesma área que comparte restricións. Entre os catro municipios suman máis de 1.000 infeccións activas.

Hai 101 persoas nos hospitais da área sanitaria coruñesa. Dezaoito reciben atención nas unidades de coidados intensivos. A incidencia acumulada está a menos dun punto dos trescentos casos por cada cen mil habitantes.

Noticias web

10/01/2021