CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña, pendente dun posible alivio nas restricións

Publicado o 21/12/2020 17:03

Pendente dun posible alivio nas restricións está a cidade da Coruña atendendo á evolución positiva das últimas semanas. A Coruña é a cidade galega que presenta unha mellor evolución. Aínda así, os últimos días deixan unha lixeira suba da incidencia acumulada, que pasou dos 112 casos do venres a 118 deste luns.

O resto da área metropolitana mantense á baixa cun descenso global dos casos activos na área sanitaria. Comerciantes e hostaleiros teñen a vista posta nun posible levantamento do peche perimetral que se decidiu pospoñer nas últimas xuntanzas do comité técnico visto o exemplo de Santiago, que aconsella actuar con prudencia.



Noticias web

21/12/2020