CRTVG

Buscar

A cidade chinesa de Wuhan, orixe da pandemia, celebra agora actos multitudinarios

Publicado o 18/08/2020 13:57

A China, un país de 1.400 millóns de persoas, só rexistrou 22 casos nas últimas 24 horas e todos eles importados. Pero están relaxando as medidas e empezan a verse imaxes imposibles hai unhas semanas en Wuhan: centos de persoas amoreadas nun concerto de música electrónica.

A rexión, que a finais do ano pasado se converteu na zona cero da pandemia, mostra estampas de absoluta relaxación. Durante meses pasaron un dos confinamentos máis estritos do planeta ata chegar ao caso 0. Agora semella que teñen ganas de divertirse.

 

Noticias web

18/08/2020