CRTVG

Buscar

A chuvia provoca grandes anegamentos en Bélxica

Publicado o 15/07/2021 16:19
A chuvia provoca grandes anegamentos en Bélxica

Bélxica vive unha xornada de grandes trastornos debido ás inundacións que está causando a forte chuvia que se rexistra en boa parte do país. Nas últimas horas morreron polo menos dúas persoas en Valonia, a rexión máis afectada.

A forte chuvia que está caendo anegou localidades enteiras que tiveron que ser evacuadas. Numerosas estradas permanecen pechadas e o tráfico de tren tivo que interromperse. En Turquía, na costa do mar Negro, vívese unha situación semellante. Tamén alí houbo xa dous mortos e ademais hai seis desaparecidos nas riadas.

Noticias web

15/07/2021