CRTVG

Buscar

A chuvia negra do volcán está afectando a saúde dos palmeiros

Publicado o 07/10/2021 09:08

A chuvia negra do volcán xa lle afecta á saúde. Os palmeiros acoden cada vez máis ás farmacias en busca de pastillas para o proído de gorxa ou máscaras para soportar unha situación que pode durar meses.

Agora preocupa un cambio na dirección do vento porque empeoraría a calidade do aire na illa. Os expertos creen que o volcán entrou en fase de estabilidade.

 

Noticias web

07/10/2021