CRTVG

Buscar

A chuvia esborralla o muro dunha casa en Sada

Publicado o 12/02/2021 19:12

Outro muro ruinoso que a chuvia esborrallou onte foi o dunha casa en Sada, concretamente en Sada de Arriba. A derruba obrigou a evacuar os cinco membros dunha familia que habitan a vivenda adosada, polo risco de que seguira o esborroamento e os danara.

Tras pasaren a noite nun establecemento hostaleiro con cargo ás arcas municipais, esta mañá a familia, polo menos parte dela, xa estaba dentro da vivenda.

O Concello informounos de que está previsto que os técnicos visiten hoxe a casa para determinar se hai certeza de seguridade para que poidan durmir nela.

Noticias web

12/02/2021