A chuvia e o vento da fin de semana estraga as colleitas de millo en diferentes comarcas
A chuvia e o vento intensos desta fin de semana ocasionaron estragos no millo en distintas comarcas. En Dumbría e Mazaricos hai leiras con parte da produción tombada en vésperas da recollida da forraxe.
A colleita de millo este ano presentábase moi boa ata que chegaron unhas horas de chuvia e vento fortes que lle quitaron esplendor. A adversidade atmosférica do sábado a primeiras horas do domingo acabou con moitas plantas tombadas e, en consecuencia, perdas para o uso forraxeiro ou para a obtención de gran.
Mazaricos e Dumbría, dous concellos con moitas hectáreas de millo, son dos máis afectados. Di Julio, un dos damnificados, que agora se complica a recollida e o caído acabará podrecendo.
Unha mágoa, que desloce unha perspectivas moi boas cando estaban a empezar os traballos de colleita do destinado a forraxe, pero coa inmensa maioría aínda nas leiras.
Os que dispoñían da maquinaria apuraron xa onte a colleita do forraxeiro, pero o que vai para gran aínda precisa uns días máis plantado, para que as mazarocas alcancen o seu punto óptimo.