CRTVG

Buscar

A chuvia axuda a controlar os incendios activos en Cataluña

Publicado o 26/07/2021 14:50
A chuvia axuda a controlar os incendios activos en Cataluña

O vento amainou e comezou a chover, este mal tempo está axudando os militares e civís que loitan contra os incendios que se declararon esta fin de semana en Cataluña.

Os bombeiros da Generalitat deron por controlado esta mañá o incendio de Ventallós, Girona. Non así o de Santa Coloma de Queralt, en Tarragona, que segue activo aínda que os bombeiros aseguran que teñen estabilizado xa o 90 % do seu perímetro.

De manterse estable o incendio, podería estar controlado esta tarde despois de queimar máis de 1.600 hectáreas.



 

Noticias web

26/07/2021