CRTVG

Buscar

A chuvia atrasa a sementeira de pataca na Limia

Publicado o 14/05/2020 14:30

A chuvia non está deixando traballar os agricultores da Limia. Deberían estar rematando e aínda teñen o 80% do terreo, unhas 2.500 hectáreas, sen sementar.

A situación, din, comeza a ser preocupante tamén porque a pataca lista para sementar leva moito tempo nos almacéns e comeza a estragarse.

Coa terra aínda moi mollada tamén teñen pendente de sementar un 30% do trigo de primavera. E coa pataca prevén rematar en xuño.

Cheos de incerteza, os agricultores agardan que o tempo mellore e poidan continuar cos traballos a partir da fin se semana. No cereal, cos problemas que xa houbo co de inverno pola chuvia, prevén unha redución dun 20% das terras sementadas, unhas 13.000 hectáreas. A Limia é a maior zona agrícola de Galicia e conta cuns 250 produtores de patacas e 400 de cereal.

Noticias web

14/05/2020