CRTVG

Buscar

A chuvia asolaga varias estacións de metro de Madrid

Publicado o 24/09/2020 21:18

Son imaxes desta mañá no metro de Madrid. A chuvia asolagou varias estacións e obrigou a interromper o servizo e pechar varios accesos. Tamén houbo atrasos e desvíos en varias liñas.

O ballón que caeu na capital entre as oito e media e as dez deixou 19 litros de auga por metro cadrado. A auga afectou tamén o tráfico rodado na cidade.

Noticias web

24/09/2020