CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

A choiva non desloce o entroido en Lugo

Publicado o 10/02/2018 21:30
Ben a cuberto, e protexidos da choiva por unha carpa, os máis pequenos de Lugo tamén saíron celebrar o entroido, unha festa que estivo chea de superheroes, policías e plantas andantes.
Despois do desfile houbo un baile no que tamén participaron os pais; unha tarde festiva de música e comparsas que se repetiu por outros concellos da provincia coma Sober.
Mañá, ademais do entroido de Salcedo, haberá tamén desfile en Sarria, Outeiro de Rei e Quiroga.