CRTVG

Buscar

A chinesa Sinopharm anuncia que unha das súas vacinas ten unha eficacia do 79%

Publicado o 30/12/2020 16:06
A chinesa Sinopharm anuncia que unha das súas vacinas ten unha eficacia do 79%

E hai novidades sobre outra vacina: a farmacéutica chinesa Sinopharm revelou esta mañá que unha das vacinas que proba ten unha efectividade contra a covid do 79 por cento. E xa solicitou permiso ás autoridades sanitarias chinesas para comercializala.

O Instituto de Productos Biolóxicos de Pequín, que participa na elaboración deste tratamento, afirma que os resultados da fase 3 de probas mostran que os niveis de seguridade son bos. Tamén di que todos os participantes desenvolveron altos niveis de anticorpos, aínda que non fai mención a posibles efectos secundarios.

Noticias web

30/12/2020