A China rexeita a petición da OMS doutra investigación sobre a orixe da covid-19
Publicado o 22/07/2021 13:17

O Goberno chinés rexeitou a posibilidade de realizar unha segunda investigación que poida determinar a orixe do coronavirus.
Ademais cualificaron de arrogante e de interferencias políticas esta petición formulada pola Organización Mundial da Saúde. Esta segunda investigación pretendía estudar os laboratorios e mercados da cidade de Wuhan, o lugar en que se identificaron os primeiros casos.