CRTVG

Buscar

A China lanza un certificado dixital de vacinación para viaxar ao estranxeiro

Publicado o 09/03/2021 14:46
A China lanza un certificado dixital de vacinación para viaxar ao estranxeiro

A China acaba de lanzar un certificado dixital de vacinación para viaxar ao estranxeiro. Os cidadáns chineses terán unha aplicación nos móbiles que reflectirá se están vacinados e recollerá os resultados das probas de covid-19 realizadas.

Tamén deberá incluír o lugar de destino ou procedencia do viaxeiro. Polo momento o Goberno chinés aínda non confirmou que países validarán o novo certificado, e a OMS rexéitao porque cre que creará máis desigualdades.

Noticias web

09/03/2021