CRTVG

Buscar

A China di que desenvolveu "con éxito" unha vacina contra o coronavirus

Publicado o 17/03/2020 22:56
O Ministerio de Defensa da China asegurou este martes nun comunicado que desenvolveu "con éxito" unha vacina contra o novo coronavirus SARS- CoV-2, causante da pneumonía COVID-19, e autorizou as probas en humanos, aínda que o texto non precisou cando comezarían tales ensaios. Segundo precisa a nota, o Ministerio de Defensa chinés aprobou os ensaios clínicos en humanos dunha vacina contra o coronavirus desenvolta pola Academia Militar de Ciencias.
A vacina desenvolveuna o equipo de investigación liderado pola epidemióloga Chen Wei, da Academia Militar de Investigación Médica, dependente da Academia Militar de Ciencias. Segundo Chen, a vacina -desenvolvida conforme a "estándares internacionais e a regulacións locais"- está preparada para "unha produción a grande escala, segura e efectiva".