A China detecta o primeiro contaxio de gripe aviar en humanos
Publicado o 01/06/2021 19:09

A China detecta o primeiro caso de gripe aviar nun ser humano. Trátase dun varón de 41 anos na provincia de Jiangsu, no leste do país, segundo informaron as autoridades sanitarias. No comunicado salientan que non hai indicios de que a enfermidade sexa contaxiosa entre persoas, e insisten en que o risco dunha propagación extensa é mínimo. O paciente está recuperándose e a piques de recibir a alta hospitalaria.