CRTVG

Buscar

A chegada dunha nova borrasca deixará vento forte e chuvia intensa

Publicado o 15/12/2020 15:43

O tempo vaise complicar de novo esta tarde coa chegada dunha profunda borrasca, que vai deixar vento forte e chuvia intensa.

Un novo temporal comezará a sentirse no litoral a partir deta media tarde, con refachos de vento que poden superar os 80 km por hora. A situación irá empeorando coa chegada da noite e será especialmente complicada na Costa da Morte e na Mariña de Lugo, con vento que superaráos 100 km por hora.

En Muxía, como en toda a Costa da Morte, están pendentes da situación no mar. Tras a morte onte dun percebeiro en Laxe, os familiares dos que estaban esta mañá fronte ao santuario da Barca amosaban a súa preocupación polas condicións nas que están a traballar.

A situación vaise complicar a partir de media tarde, con refachos de vento de máis de 80 km por hora. Pola noite, a chuvia chegará a toda a Galicia e serán localmente fortes nas provincias da Coruña e Pontevedra. O vento será mais intenso na Mariña e no oeste da Coruña, con refachos que poderán superar os 100 km por hora.

O mar de fondo é menos intenso ca onte, pero aínda así deixará ondas de ata cinco metros de altura. O aviso laranxa por forte vento manterase ata as 3 desta próxima madrugada.

 

Noticias web

15/12/2020