CRTVG

Buscar

A chegada a España de turistas internacionais descende un 75 % en marzo

Publicado o 06/05/2021 09:19
A chegada a España de turistas internacionais descende un 75 % en marzo

A chegada de turistas internacionais a España no mes de marzo descendeu un 75,5 % menos que nese mesmo mes en 2020. En total visitaron o país 490.088 persoas. O gasto que realizaron foi de 513 millóns de euros. Son os datos que publicou este xoves o Instituto Nacional de Estatística. 

Nos tres primeiros meses de 2021, o número de turistas que visitaron España diminuíu un 88,6 % e situouse en 1,2 millóns, fronte aos 10,6 millóns nese período de 2020.