A chegada de peregrinos deixa tamén ao seu paso novas tradicións no Camiño
Publicado o 24/08/2021 15:28
Vidos de Xaén, Almería, Barcelona ou de calquera outro punto de España ou do mundo. O certo é que moitos dos peregrinos que chegan a Santiago queren deixar algo máis que o seu paso. Aquí deixan obxectos como pulseiras, panos ou mesmo o calzado.
Un simple xesto que xa se converteu nunha tradición dos camiñantes, como a de inmortalizar o momento de pisar terras compostelás.
Sexa deixando algo que os acompañou durante días de peregrinación ou tirar unha foto de recordo, o que tamén xa é unha tradición é emocionarse ao estar a piques de finalizar o Camiño de Santiago.
Unha recompensa a todo un esforzo á que tan só lle falta o último treito para ser completa.