CRTVG

Buscar

A chegada de Fernando Vázquez ao Deportivo non acaba de concretarse

Publicado o 26/12/2019 11:54

Segue sen producirse a toma de posesión de Fernando Vázquez no Deportivo. Hai problemas coa sua investidura. Todo parecía arranxado entre o proxecto de Fernando Vidal e o actual consello de administración. Iso era a semana pasada.

Arestora Luis Cesar segue a ser o adestrador e Vázquez está agardando. Agardando a que Paco Zas, que foi quen fichou a Luis César asine a sua destitucion.

Estará Fernando Vázquez o sábado en Abegondo? Haberá que esperar.

 

Noticias web

26/12/2019