CRTVG

Buscar

A chegada da Volta Ciclista encheu as rúas de Monforte

Publicado o 03/09/2021 20:28

Unha hora antes do remate da etapa, xa eran centos os afeccionados que se amoreaban na zona de chegada. Monforte encheuse hoxe de xente como non se enchìa dende antes da pandemia e todo grazas á Volta Ciclista.

As preto de mil persoas que mobiliza a proba deportiva hai que engadirlle os milleiros de amantes do ciclismo, turistas ou simples curiosos que se xuntaron hoxe na cidade do Cabe. Viñeron ata de Portugal.

A parte negativa é que Monforte segue no nivel máximo de restricións e os hostaleiros só puideron aproveitar as terrazas para dar servizo aos milleiros de persoas que andiveron esta tarde pola cidade. E tamén houbo queixas pola imposibilidade de saír do recinto de chegada durante case unha hora.

A ocupación hoteleira en Monforte e nos concellos lindeiros vai ser do 100 % durante esta noite.

Noticias web

03/09/2021