CRTVG

Buscar

A checa Krejcikova gaña o Roland Garros

Publicado o 12/06/2021 22:07

No tenis, a checa Barbora Krejcikova é a nova raíña de Roland Garros. A número 32 do mundo derrotou á xogadora que a precede no ranking, Anastasia Pavlyuchenkova, nun duelo de sorprendentes finalistas. Gañou por 6-1, 2-6 y 6-4, nunha hora e 58 minutos. Aos seus 25 anos, convértese na sexta gañadora noutras tantas edicións de Roland Garros.

Noticias web

12/06/2021