A cesta da compra é máis cara desde que comezou o confinamento
Publicado o 22/04/2020 15:30
É certo que consumimos máis porque estamos na casa, o que aumenta o gasto cando facemos a compra. Pero, ademais, comerciantes e clientes recoñecen unha suba dos prezos en determinados produtos, segundo o Instituto Nacional de Estatística, polo menos en 30. Entre eles, os lácteos, os produtos frescos e o peixe. Tamén soben as verduras.
E cambian os hábitos de consumo. Se ao principio do confinamento mercabamos pasta, arroz e legumes, agora consumimos máis bebidas, patacas fritas, chocolate e lévedo e fariña para facer doces na casa.