CRTVG

Buscar

A cepa británica supón xa o 63 % dos contaxios que se producen en Galicia

Publicado o 22/02/2021 20:00

Non é que sexa máis mortal, senón máis contaxiosa, e por iso causa máis falecidos e doentes. A cepa británica xa é a maioritaria en España e Europa e vaino ser en todo o mundo en poucos días. Os contaxios prodúcense sobre todo por respirar preto das persoas infectadas, dado que o virus ten unha alta permanencia en suspensión no aire. Por iso, recoméndase ventilación continua e o uso de máscaras de protección alta para evitar contaxiar e ser contaxiado. Os especialistas lembran tamén que unha persoa vacinada pode seguir sendo factor de contaxio e por tanto non se poden relaxar as medidas sanitarias individuais.

"O que sucede é que, por ser unha cepa altamente contaxiosa, hai un incremento do número de persoas infectadas e polo tanto a mortalidade tamén é maior.",  Lorenzo Armenteros. Sociedade Española de Medicina Xeral e de Familia

Nin para o virus orixinal nin para as cepas que foron xurdindo hai polo de agora tratamentos eficaces, daquela, para a medicina a única medida efectiva é a vacina. Os virus resultado de mesturas de cepas, como a da californiana e a británica, non amosaron por agora ser máis letais, pero os científicos recoñecen que aínda non hai suficientes datos. Outra recomendación especial para a cepa británica é a de ter moito coidado cos ascensores ou mesmo evitalos, xa que se están a revelar como fontes de gromos da nova cepa.

Noticias web

22/02/2021