CRTVG

Buscar

A CEOE dá luz verde ao acordo para prorrogar os ERTE

Publicado o 19/01/2021 16:32

Sindicatos e patronal dan por feito o acordo para prorrogar os expedientes temporais de regulación de emprego. A dirección da CEOE aprobou está mañá o último documento que lles enviou o Goberno. Aceptan que o actual mecanismo se estenda ata o 31 de maio.

Polo que transcendeu, manteñense as actuais condicións, incluída a obriga de manter o emprego durante 6 meses para as empresas que se acollan a un ERTE. Comisións Obreiras e UXT seguen estudando a proposta, pero auguran que nas vindeiras horas tamén darán o seu si definitivo.

Unai Sordo, secretario xeral de CCOO "É moi importante que poidamos renovar o acordo sobre os ERTE que están pendentes dos últimos detalles"
Pepe Álvarez, secretario xeral da UXT "Non hai cambios sustanciais. Hai algúns cambios. Estámolos analizando, pero iso non quere dicir que haxa problemas"

Feijóo considérao unha escusa

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou este martes que ve unha "escusa" na "improvisada" decisión do grupo eléctrico Endesa que anunciou nesta xornada o mantemento do proceso de peche iniciado en decembro de 2019 para o seu central das Pontes (A Coruña).

A térmica atribuíu tal postura á "inviabilidade" da introdución de biocombustible na planta, pero o máximo mandatario autonómico escribiu na súa conta oficial de Twitter que "á empresa sérvelle de escusa a transición enerxética errática que está a realizar o Goberno central".

"A Xunta seguirá loitando para que As Pontes teña un futuro digno", garantiu o xefe do Executivo galego. "As Pontes, operarios e camioneiros non merecen o peche da planta de Endesa, unha decisión improvisada", colgou Feijóo nesa rede social.

Noticias web

19/01/2021