Conseguir citar os maiores de 80 anos para vacinarse: un traballo cheo de anécdotas
A central de chamadas que daba as citas para vacinarse contra a covid-19 de Ourense rematou o seu traballo. Agora os avisos son mandados por SMS e a través da aplicación do Sergas.
Atrás quedan horas de pesquisas para localizar aos pacientes e milleiros de chamadas aos maiores das que gardan unha chea de anécdotas. Así era o día a día do equipo de citación desta área sanitaria chamando as persoas maiores de 80 anos para vacinar.
O que a maioría tiña claro é qu e non querían a AstraZéneca, á que lle puñan unha chea de nomes.
María, unha das traballadoras, lembra con especial cariño cando contactaron coa máis maior, unha veciña de Castro Caldelas de 106 anos, quen atenedeu persoalmente a chamada e dixo que non se ía vacinar porque "total, só saio para darlles de comer ás pitas".
60.000 citas para vacinar conseguiu dar este equipo de ata 15 traballadores do Sergas, en moitos casos, tras ducias de intentos e pescudas porque moitos datos non estaban actualizados. Un traballo que despois de máis de catro meses remata con practicamente a totalidade dos maiores de 80 anos inmunizados.