CRTVG

Buscar

A Central Agropecuaria de Galicia pechou 2017 cun incremento do 11%

Publicado o 16/01/2018 15:21

A Central Agropecuaria de Galicia pechou o ano 2017 volvendo medrar tanto na asistencia de animais como no valor económico das vendas.

Foron 46.000 os animais que pasaron pola poxa de Silleda o ano pasado, un 6% máis ca no 2016 (foron 44.000).

A facturación superou os 19 millóns de euros, un 11% máis ca no ano anterior (foron 17 millóns).

Por categorías, os becerros de recría foron os que máis aumentaron, tanto na concorrencia, que medrou un 9%, como na facturación, que se incrementou nun 13% con respecto a 2016. O presidente da Fundación Semana Verde, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as instalacións da poxa e aproveitou para facer balance destas cifras. 

 

Noticias web

16/01/2018