CRTVG

Buscar

A celebración da final da Champions no Porto sen respecto ás medidas contra a covid abre unha crise política en Portugal

Publicado o 31/05/2021 15:53
A celebración da final da Champions no Porto sen respecto ás medidas contra a covid abre unha crise política en Portugal

Fin de semana intensa no Porto, que está traendo mesmo unha crise política en Portugal. Os afeccionados británicos de fútbol tomaron a cidade sen máscaras, sen gardar distancias e sen respectar as regras de saúde mínimas.

Ao problema de saúde uniuse o debate político, porque o Goberno portugués mantén o veto á asistencia de público nas competicións deportivas nacionais, e tamén prohibe as concentracións de xente na rúa.

Non obstante, permitiu máis de 15.000 espectadores nesa final da Champions, que enfrontou o Chelsea e o Manchester City. Hoxe hai quen pide dimisións, incluída a do propio primeiro ministro.

Noticias web

31/05/2021