CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago suma unha terceira quenda de visitas nocturnas ante a alta demanda

Publicado o 20/08/2021 15:41

Visitar de noite a catedral é unha experiencia especial reservada ata hoxe a 40 persoas ao día en dous grupos. Pero encontrar unha entrada para esta visita, igual que para calquera percorrido guiado polo templo compostelán, non é nada fácil a estas alturas de agosto.

Ante a gran demanda, a catedral amplía a partir de mañá un grupo máis de 20 persoas as visitas nocturnas. Non é moito, pero tamén é certo que estes percorridos van dirixidos só a aquelas persoas que queiran coñecer en profundidade o templo e acceder a espazos que durante o día están restrinxidos ao público.

Estes percorridos nocturnos que duran 90 minutos e custan 25 euros vanse prolongar, en principio, ata o mes de outubro, e para as próximas semanas apenas quedan prazas.

Noticias web

20/08/2021