CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago retirará todos os recordos que a xente deixa nos seus muros

Publicado o 05/10/2021 15:23

A praza do Obradoiro, a fin do Camiño, un escenario cun gran peso histórico e espiritual. Por iso, aos pés da catedral algúns camiñantes non se resisten e queren deixar o seu recordo. Ás veces unha pedra, unha carta, un boneco. Cada obxecto ten un significado.

"Chegar aquí a Santiago para nós foi moi importante, estamos moi agradecidos, trouxemos unha vea dos equipos da nosa señora", explica unha peregrina. "Sentimentos moi persoais, moi propios, moi interiores. A nosa fe está aquí", relata outro.

Estes obxectos son testemuños, actos de fe ou de esperanza. "Tiña tres pedriñas que significaban os meus fillos e por eles cheguei aquí con moito esforzo e quíxenas deixar para que lles dean moita saúde aquí na catedral", asegura unha turista.

As intencións poder ser loables, pero a catedral de Santiago retirará estes obxectos, xa que asegura que estas prácticas acaban constituíndo un atentado contra o patrimonio. Este é un destino de peregrinación con séculos de antigüidade que hai que preservar.

Así o afirma un peregrino: "Isto é un sitio universal, mundial, moitas grazas".

Noticias web

05/10/2021