CRTVG

Buscar

A catedral de Santiago estrea iluminación interior ás portas do Xacobeo

Publicado o 13/03/2021 21:48

 "Tiñamos perfectamente claro que queriamos delimitar os arcos fajones da catedral, que queriamos marcar o ritmo interno porque son como unhas fachadas internas", di Ignacio Valero, arquitecto coordinador do proxecto.

A idea do arquitecto tomou forma co conxunto de 36 lámpadas instaladas na basílica, cunha ducia de bombillas led cada unha. Deseñadas en exclusiva para o templo compostelán, a súa creación foi todo un desafio técnico para o equipo encargado do proxecto. "Todas as luminarias que hai para iluminar arcos precisan unha base desde a que lanzar un feixe de luz estreito e neste caso só podiamos traballar dende os dous laterais e houbo que desenvolver unhas luminarias específicas adaptadas a estas dimensións e a este arco de luz".

"Ademais as luces teñen unha poetica próxima á das candeas ", afirma Valero.  Suspendidas no teito as lámpadas aliméntanse dende os mesmos cables que as suxeitan.

"Parece que están flotando na propia catedral, o que reduce bastante o impacto visual que teñen. As que rodean a xirola lanzan a luz cara arriba e as que temos nas mans e nos pés lanzan a luz cara abaixo establecendo unha diferenza narrativa moi clara entre o espazo sagarado e relacionado con Deus e o espazo dos homes", explica o arquitecto.

Ás portas do xacobeo, a catedral estrea nova iluminación. Custou 800 mil euros e achegounos a Fundación Iberdrola

 

Noticias web

13/03/2021