CRTVG

Buscar

A catedral de Lugo tamén estuda colocar cámaras para frear o vandalismo

Publicado o 14/03/2019 16:00

A catedral de Lugo tampouco se salva dos actos vandálicos. Hai pintadas nos seus muros, tamén fiestras rotas e mesmo portas do século XIII danadas polos ouriños, uns danos que levan o bispado a estudar a instalación de cámaras de videovixilancia no exterior do templo.

Dende o concello de Lugo cren que a utilización de cámaras non é a solución para evitar actos vandálicos. Din que están abertos a escoitar todas as propostas pero que a autorización sobre a instalación de cámaras depende da Comisión de Garantías de videovixilancia de Galicia.

Noticias web

14/03/2019