A Casa Real inclúe a Leonor e Sofía nos primeiros retratos oficiais de Filipe VI e a raíña Letizia
Publicado o 11/02/2020 12:42
A familia real renova os seus retratos oficiais. As imaxes que acaba de divulgar a Casa Real son as primeiras fotografías oficiais de Filipe VI e a raíña Letizia dende que son reis.
Na serie de dez retratos están tamén a princesa Leonor e a infanta Sofía. Foi precisamente con elas onde a autora do traballo, a fotógrafa Estela de Castro, puxo o seu selo máis persoal, ao retratalas xuntas en branco e negro, a técnica que emprega máis habitualmente.