A Casa Real garda silencio sobre don Xoán Carlos tras as mensaxes do Goberno
Publicado o 15/07/2020 16:45
Por segundo día consecutivo o Goberno volve referirse ao rei Xoán Carlos I polo suposto cobro de comisións nas obra do AVE á Meca. Pedro Sánchez reafirmouse nas súas declaracións de hai unha semana, cando asegurou que as informacións eran desacougantes e perturbadoras.
Ás palabras de Sánchez hai que sumarlles hoxe as do ministro de Xustiza, que, na mesma liña, cualifica de preocupantes as novas e agarda que a Casa Real se pronuncie nos próximos días.
Hoxe o xornal ok.diario publicou novas gravacións das conversas entre a empresaria alemá, Corina Larsen, e o ex-comisario Villarejo, en que falan sobre as propiedades de Xoán Carlos I.
Corinna Larsen tamén di nesas conversas que o sultán de Omán lle regaou ao rei un piso en Londres.