CRTVG

Buscar

A Casa Real fai os números de 2020: Filipe VI percibe un salario de 244.000 euros

Publicado o 27/05/2021 16:35
A Casa Real fai os números de 2020: Filipe VI percibe un salario de 244.000 euros

A Casa Real Española acaba de facer públicas as súas contas de 2020, un ano marcado pola pandemia en que aforrou preto de medio millón de euros. Filipe VI percibiu en 2020 un salario de 244.000 euros e case a metade dos 8 millóns de orzamento destinouse a gastos de persoal da Casa.

Dentro da política de transparencia da Casa Real, as contas mesmo inclúen os agasallos institucionais recibidos.

Tamén se desconta este ano a asignación ao rei emérito, unha partida que xa non cobra, e que se destinou, en boa parte, a informática para potenciar o teletraballo por mor da pandemia.

Noticias web

27/05/2021