CRTVG

Buscar

A Casa de Galicia en Madrid inaugura unha exposición conmemorativa da constitución do Instituto Padre Sarmiento

Publicado o 10/12/2019 21:28

A Casa de Galicia en Madrid acaba de inaugurar a exposición conmemorativa da constitución do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.

A mostra que se abre na Delegación da Xunta en Madrid fai un percorrido pola historia e o significado da institución, salientando a importancia da súa biblioteca e as coleccións que atesoura. Foi inagurada polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e pode visitarse ata o próximo 30 de decembro.



 

Noticias web

10/12/2019