A Casa das Ciencias da Coruña organiza sesións con consellos para observar as perseidas
Agosto é o mes das perseidas ou bágoas de San Lourenzo, que este ano coinciden coa lúa chea, e iso fai máis difícil que as poidamos ver. Aínda así, a partir de mañá, a Casa das Ciencias da Coruña organiza sesións con consellos para saber onde e como observalas mellor.
Dura varias semanas e concentrase no mes de agosto. A choiva de estrelas das Perseidas terá este ano o período de máxima actividade na noite do 13 ao 14 de agosto, pero será algo máis complicado velas pola situación meteorolóxica e pola lúa.
Un ano máis, a Casa das Ciencias da Coruña desde este venres e ata o vindeiro 15 de agosto organiza sesións que incluirán recomendacións de como e onde observar as Perseidas.
Poderán verse por toda a bóveda celeste aínda que todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo que emerxe polo nordés pasada a medianoite.