CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A carne dunha empresa de Bóveda, premiada nun certame mundial

Publicado o 13/07/2018 14:56




A carne de vaca dunha empresa de Bóveda logrou a medalla de ouro nun certame internacional celebrado en Londres. Trátase dun produto 'gourmet' tratado cun sistema pioneiro de maduración en seco, e que na actualidade xa se comercializa por toda España e tamén noutros países europeos e mesmo na China.



Con tan só dez anos de existencia Gutrei Galicia logrou xa que a súa carne de vaca se sitúe entre as mellores do mundo. Asi o demostra a medalla de ouro lograda no World Steak Challenge, un certame celebrado en Londres no que competiu con carnes de 22 países. Nesta empresa do concello lugués de Bóveda din que o segredo está na selección e alimentación dos animais e tamén nun pioneiro método de maduración en seco.

Esta empresa distribúe as súas carnes en negocios especializados e restaurantes de prestixio dentro e fora de España. De feito as exportacións superan xa a metade da producción gourmet, que chega a países de toda Europa ou mesmo a China e Hong Kong. En total, vende cada ano preto de 600.000 quilos das distintas liñas de vacún que produce.