A carne de vacún foi a protagonista en Láncara
En Láncara a protagonista da festa foi a tenreira galega. Algo terá a carne das vacas rubias de Láncara cando cada ano veñen centos de persoas a degustala. O churrasco e a carne o caldeiro son os platos máis demandados nuha edición en que tamén é posible ver as vacas vivas.
Dende media mañá e ata ben entrada a tarde, os camareiros non pararon de servir racións de carne na edición número XXI da Feira da tenreira de Láncara. Neste e nos concellos lindeiros a cría das vacas rubias é unha das principais actividades pero non chega co bo manexo dos animais senon que tamén é preciso que os cociñeiros teñan o seu día.
Ademais de pola súa carne, as vacas tamén son as protagonistas e os visitantes poden comprobar a alta calidade dos animais. Como é o caso deste touro de nome Campuzano.
Así que, se lles gusta a boa carne de vacún, aínda están a tempo de achegarse a Láncara e degustala na cea.